Skip to main content

Jorge Mira, Premio de Física 2012 á ensinanza e divulgación na Universidade

O profesor Jorge Mira, Premio de Física 2012 á ensinanza e divulgación na Universidade
O profesor Jorge Mira, Premio de Física 2012 á ensinanza e divulgación na Universidade
Os galardóns convócaos a Real Sociedad Española de Física e a Fundación BBVA

O profesor da Universidade de Santiago Jorge Mira recolle na tarde deste xoves 23 en Madrid o Premio de Física 2012 á ensinanza e divulgación na Universidade que entregan a Real Sociedade Española de Física e a Fundación BBVA. Será nunha cerimonia presidida pola secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Carmen Vela, e o presidente da Fundación BBVA, Francisco González, coa participación da presidenta da RSEF, María Rosario Heras. O premio ao catedrático da USC, dotado con 8.000 euros, recoñece a súa dedicación ao ensino e a colaboración coa Real Sociedade Española de Física. Segundo reza a acta do xurado, Jorge Mira compaxina a súa “sólida labor pedagóxica de gran calidade” coa dirección desde 2006 do programa de divulgación ConCiencia, “de gran prestixio” e amplamente difundido en medios de comunicación autonómicos e nacionais. Os premios Francisco Guinea, do Instituto de Ciencia de Materiais de Madrid (CSIC), un dos líderes mundiais na investigación en grafeno, é o gañador este ano da Medalla da Real Sociedade Española de Física, mentres que o Premio Física Innovación e Tecnoloxía recae en Juan Carlos Merino Senovilla, da Universidade de Valladolid. Nas categorías de Investigador Novel en Física Teórica e Investigador Novel en Física Experimental os gañadores son, respectivamente, Oriol Romero Isart, que con só 32 años acaba de gañar unha praza de catedrático na Universidade de Innsbruck (Austria), e Mariano Campoy Quiles, do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (ICMAB). O Premios á Ensinanza e Divulgación da Física en Ensino Medio foi para Rafael López-Gay Lucio-Villegas. Finalmente, o Premio ao Mellor Artigo de Temas de Física na Revista Española de Física ou na Revista Iberoamericana de Física foi para Mariano Quirós, do Institut de Física d’Altes Energies (IFAE) de Barcelona. Ao Mellor Artigo de Ensinanza, Notas Históricas ou Ensaios concedéuselle a Iván Martí-Vidal, da Universidade de Valencia. Jorge Mira (terceiro pola dereita) co resto dos premiados

The contents of this page were updated on 05.23.2013.