Skip to main content

Acto de licenciatura de Xeografía no Paraninfo

O alumnado da licenciatura de Xeografía da USC celebra este sábado 4 o seu acto de graduación no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) presidido polo reitor Juan Casares Long. A cerimonia comezará ás 17.00 horas coa intervención do alumno Fernando Ulla Lorenzo, a quen lle seguirán Rubén Camilo Loss González e María Luísa Pérez Fariña, padriño e madriña da promoción. A continuación falarán o director do Departamento de Xeografía, José Antonio Aldrey, e o decano da Facultade, Juan Monterroso.

The contents of this page were updated on 05.03.2013.