Skip to main content

A Facultade de Xeografía e Historia garantirá espazos de estudo ao alumnado afectado polo peche provisional da súa biblioteca

A Facultade de Xeografía e Historia ofrecerá espazos alternativos de estudo para o alumnado afectado polo peche da súa Bilioteca logo de que este mércores se desprendese da parede unha placa conmemorativa sen que houbese que contar danos persoais. No caso de que a biblioteca teña que continuar pechada, a Facultade ofrecerá a partir do luns 13 dúas aulas para o alumnado, que xa dispón das zonas de estudo da rede de bibliotecas do casco histórico en Filosofía, Medicina e Biblioteca Xeral. En calquera caso, o servizo de préstamo de fondos da biblioteca da Facultade de Historia segue funcionando con normalidade. O reitor Juan Casares, acompañado dos vicerreitores de Economía e Infraestruturas e de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Sara Cantorna e Francisco Durán, visitaron este mércores o centro para comprobar que os danos eran menores. Ao lugar tamén se desprazou persoal da Oficina de Arquitectura e Urbanismo da USC, que está traballando na avaliación dos desperfectos ocasionados e en garantir a seguridade dos usuarios. A placa que se desprendeu, de tres metros de longo por medio de ancho, é de madeira e estaba situada encima dunha porta interior da sala antiga que comunica coa sala de ampliación.

The contents of this page were updated on 05.08.2013.