Skip to main content

A Cátedra Unesco sobre Migracións da USC organiza este venres unha serie de conferencias en Historia

A Cátedra Unesco 226 sobre Migracións da USC que coordina Julio Hernández Borge desenvolve este venres 10 a oitava edición do seu ciclo de conferencias na aula 8 da Facultade de Xeografía e Historia. Nesta ocasión intervirán as profesoras Isabel Drumond Braga, da Universidade de Lisboa, e Mª Antónia S. Figueiredo Lopes, de Coimbra, cos relatorios ‘Cristãos-Novos, Cultura Material e Mobilidade (ss. XVII-XVIII)’ e ‘A Família Saxe-Coburgo-Gotha, un caso de notável mobilidade dinástica (século XIX)’. Rematará a xornada coa intervención, ás 12.00 horas, do produtor e director de cine Xan Leira, que presentará o proxecto ‘Un arquivo audiovisual sobre a emigración galega’.

The contents of this page were updated on 05.08.2013.