Skip to main content

A USC e o Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos asinarán un acordo marco de colaboración

O reitor Juan Casares e o presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos, Alejandro López Quiroga, asinarán o luns 13 un convenio marco que regulará a colaboración entre a USC e o Consello para o desenvolvemento de actividades conxuntas no futuro. O acto protocolario de sinatura celebrarase a partir das 11.00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. O acordo regulará o desenvolvemento de actividades científicas, pedagóxicas, culturais, de investigación ou intercambio de persoal e asesoramento en cuestións de interese común.

The contents of this page were updated on 05.10.2013.