Skip to main content

O experto Stephen F. Rosenstiel imparte un curso sobre solucións protésicas para a rehabilitación estética e funcional

A Unidade de Dor Orofacial e Prótese Dental da Facultade de Medicina e Odontoloxía realiza un curso de actualización en Prótese Dental que impartirá o catedrático desta disciplina na Ohio State University, Stephen F. Rosenstiel, este sábado 11 no Salón de Actos da Facultade de Medicina a partir das 9.30 horas. Co lema ‘Contemporary fixed prosthodontics’, o curso pretende abordar as solucións que odontoloxía protésica ofrece na actualidade para rehabilitar adecuadamente a aparencia e as funcións orais perdidas tras sufrir diferentes graos de perdas e danos dentarios. O profesor Stephen F. Rosenstiel éa demais editor xefe de The Journal of Prosthetic Dentistry, considerada unha das revistas máis prestixiosas e consolidadas no eido da Odontoloxía. Esta é unha acción formativa que se dirixe a alumnado e docentes e ao que están convidado sos profesionais dos coidados da saúde odontolóxica de toda Galicia. O curso organízano o alumnado do Máster de Prótese Denta le Implantoloxía e o seu cadro docente integrado por Víctor Alonso, Luís da Silva, Carmen García, Mª Jesús Mora e Urbano Santana.

The contents of this page were updated on 05.10.2013.