Skip to main content

A exposición RSME-Imaginary-Santiago chega ás redes sociais

A exposición RSME-IMAGINARY-Santiago, que apura ata o próximo 16 de maio o seus últimos días na USC, transcenderá o espazo físico que actualmente ocupa na Igrexa da Universidade ata chegar ás redes sociais da man dun grupo de estudantes de Ciencias da Comunicación, quen acaban de crear os perfís de Facebook e Twitter desta mostra. Con esta iniciativa desenvolvida por alumnado da materia ‘Novos formatos e produción para a rede’ preténdese contribuír á divulgación das matemáticas entre o estudantado e o público en xeral. A través da utilización e tecnoloxías procedentes da informática e as comunicacións, RSME-Imaginary busca subliñar a relación entre Arte e Matemáticas. A iniciativa é unha adaptación da exposición Imaginary creada con ocasión do Ano Alemán das Matemáticas (2008). ‘ RSME-Imaginary-Santiago’ é unha mostra visual e interactiva na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática. Cun dobre carácter, cultural e divulgativo, nela se aprecia que Matemáticas e Realidade e Matemáticas e Arte están en estreita conexión.

The contents of this page were updated on 05.14.2013.