Skip to main content

O Grupo Compostela organiza en Bruxelas un obradoiro sobre financiamento universitario e colaboración coa empresa

Ofrece 20 bolsas para o persoal das universidades membro interesado en acudir

A asociación internacional Grupo Compostela de Universidades organiza, no marco do proxecto EMMA (Embracing the Modernization Agenda) financiado pola Comisión Europea, un seminario sobre cómo mellorar o financiamento e o goberno das universidades e fomentar a colaboración efectiva entre elas e a empresa privada. O evento terá lugar o venres 24 de maio en Bruxelas. A actividade diríxese de xeito especial ao persoal de asuntos económicos, xestión de recursos e investigación das universidades que forman parte do Grupo. Co gallo de facilitar a asistencia, o Grupo Compostela pon á súa disposición 20 bolsas que cubrirán os gastos de viaxe e aloxamento do participante. Estas axudas outorgaranse por orde de solicitude. Os asistentes terán a oportunidade de coñecer cómo a cooperación eficiente entre os diferentes actores involucrados na xestión universitaria é chave para poñer en práctica as prioridades da Unión Europea para a Educación Superior expresadas na Axenda 2020.

The contents of this page were updated on 05.14.2013.