Xornadas de bolos celtas, chave ou billarda no Campus de Santiago
Tres xornadas gratuítas, os días 22 e 29 de maio e o 5 de xuño, achegarán o deporte tradicional á comunidade universitaria, como unha alternativa para mellorar a condición física a través da práctica dos bolos celtas, a chave e a billarda. As persoas que decidan participar non precisan coñecementos previos de ningún tipo e deberán terse dado de alta como usuarios de Deportes da USC. A inscrición pode realizarse in situ no campo de Hóckey de Campus Vida e as sesións celebraranse en horario de 16.30 a 18.00 horas. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden dirixirse a Alexandre Cadarso, técnico de deportes da USC no correo electrónico alexandre.cadarso [at] usc.es (alexandre[dot]cadarso[at]usc[dot]es).