O máster en intervención e emancipación de mozos e mozas en conflito social clausurou unha nova edición

O máster en Intervención e emancipación de mozos e mozas en conflito social celebrou a clausura da edición deste ano nun acto que presidiu o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares, no Paraninfo da Universidade. No acto interviñeron ademais Andrea Vicente, en representación do alumnado do máster; o presidente do Instituto Galego de Xestión para o terceiro sector (IGAXES 3), Luis Barreiro; o coordinador do máster, José Antonio Caride; o director do Departamento de Teoría da Educación, Antonio Rodríguez Martínez; e a directora xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, Mª Amparo González Méndez. A continuación, tivo lugar unha conferencia a cargo da profesora da USC Belén Caballo Villar.