Skip to main content

Miguel Ángel González Barrio conversa sobre Wagner no Paraninfo

O crítico musical Miguel Ángel González Barrio participa o luns 20 no ciclo Conversas Líricas no Paraninfo cunha intervención sobre Wagner, do que é experto. A conferencia, organizada pola USC e os Amigos da Ópera de Santiago de Compostela, terá lugar ás 20.00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) con entrada libre. Miguel Ángel González Barrio (Madrid, 1964) é investigador e profesor de Física na Universidad Complutense de Madrid. Conferenciante habitual no Teatro Real de Madrid, no Liceo de Barcelona e no Palau de Les Arts de Valencia, publicou artigos nos Anuarios da Asociación de Amigos de la Ópera de Madrid e dos Amics del Liceu. Nas distintas coleccións de Diverdi para o diario El Pais e para Prisa Innova escribiu ensaios dedicados a Wagner, Concertos para trompa e orquesta de Mozart, Tristán e Isolda e A Walkyria. Na revista Audio Clásica publicou un dossier sobre Hugo Wolf. Comezou a escribir crítica discográfica en www.wagnermania.com, redacción á que pertence dende que se fundou en 2001. Precisamente foron eses antecedentes os que levaron a Diverdi a confiarlle a delicada responsabilidade de substituír como responsable dos temas wagnerianos a Ángel Fernando Mayo, un dos fundadores desta publicación tras o seu inesperado falecemento en 2003.

The contents of this page were updated on 05.16.2013.