Skip to main content

A USC recibe ao alumnado maior de 25 anos que superou as probas de acceso á Universidade

A Universidade de Santiago de Compostela celebra este venres 26 un acto de recoñecemento e benvida aos estudantes que superaron as probas de acceso á Universidade en Galicia para maiores de 25 e de 45 anos na súa última convocatoria. A recepción terá lugar ás 18.00 horas no Salón de Graos de San Xerome e estará presidida polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long. Asistirá tamén o representante da USC na CiUG, Jaime Romero López-Grado, e o presidente do Tribunal Único, Ramón Bravo. No acto, o coordinador do Programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, Luis Hervella, explicaralle aos asistentes a oferta de estudos, convocatoria de bolsas, residencias, ofertas culturais e lúdicas que a USC lles ofrece. Ademais, o estudante matriculado no Grao en Odontoloxía Daniel Ruíz Casalderrey contará a súa experiencia universitaria tras superar as probas de acceso para maiores de 25 anos nunha convocatoria anterior.

The contents of this page were updated on 04.25.2013.