Licénciase a XV promoción da licenciatura en Química
A XV promoción da licenciatura en Química da USC celebra este sábado 13 o seu acto de licenciatura, que presidirá o reitor Juan Casares Long ás 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. En nome dos estudantes intervirán Adrian Robles Baños, Esteban Suárez Picado e Inmaculada Jénnifer Gómez Pérez, aos que lles seguirán as profesoras Marta Lores Aguín e María Herminia Bollaín Rodríguez, do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da USC e madriñas da promoción. Tomarán tamén a palabra no acto o decano da Facultade, Ramón José Estévez Cabanas; o decano-presidente do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, Antonio Macho Senra; e o vogal da xunta directiva da Asociación de Antiguos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela, Alberto Arce Arce.