Skip to main content

A Asociación de Antigos Alumnos celebrará a súa asemblea xeral o 30 de maio

A Asociación de Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago celebrará a súa XVIII asemblea xeral ordinaria o vindeiro 30 de maio en Santiago. Nesa mesma xornada entregarase o VII Premio de Relato Curto e renderase unha homenaxe aos membros da xunta directiva saínte o ano pasado: Luisa Balsa Anido, María Dolores Dávila García, Lourdes Ruibal Feáns e Ángel López Conde.

A xunta directiva que preside Ángel Álvarez Prechous decidiu ademais integrarse no Foro cívico empresarial de Santiago de Compostela, unha iniciativa promovida pola Cámara de Comercio de Santiago para a defensa e promoción da cidade universitaria.

The contents of this page were updated on 04.12.2013.