Obradoiro de papiroflexia na Facultade de Xeografía e Historia
No marco da exposición RSME-IMAGINARY-Santiago –que se pode visitar ata o 16 de maio na Igrexa da Universidade–, a Facultade de Matemáticas da USC, en colaboración coa Fundación Barrié, organiza para este xoves 18 un obradoiro de papiroflexia. Será ás 19.00 horas na Aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia a cargo das profesoras Teresa Otero, do IES Antonio Fraguas de Santiago; Covadonga Blanco, da Escola de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña; e Teresa Amado, docente de grego na Facultade de Filoloxía, que explican que a partir dos 7 e 8 anos os nenos e nenas xa poden entender este “apaixonante mundo dos ángulos, vértices e aristas”.