Skip to main content

Tres medallas para o equipo de Santiago na fase nacional da XXIV Olimpíada Española de Física

Os alumnos de Santiago que participaron en Lleida na fase nacional da XXIV Olimpíada Española de Física volveron á cidade con cadansúa medalla. Fernando Castro Prado, do I.E.S. Rosalía de Castro, e Carlos García Ling, do Manuel Peleteiro; fixéronse coa medalla de prata, mentres que Carlos Codesido Sánchez, de Peleteiro, acadou un bronce. Estes estudantes foran os mellores da fase local celebrada na Facultade de Física correspondente ao distrito da Universidade de Santiago (Lugo e Santiago).

The contents of this page were updated on 04.19.2013.