O curso ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ analiza a crise
O curso ‘Integración europea, goberno corporativo e responsabilidade social das empresas’ do Módulo Jean Monnet comezará a súa programación este martes 23 no Salón de Graos da Facultade de Dereito a partir das 17.00 horas nun acto que presidirá a vicerreitora de Calidade e Responsabilidade Social, Benita Silva. Promovido polo Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI), este curso reúne a expertos en temas de responsabilidade social empresarial e goberno corporativo das universidades Complutense de Madrid, Vitoria, Alcalá de Henares, Valladolid, Jaime I, Rey Juan Carlos e da propia Universidade de Santiago de Compostela, así como a representantes da administración e do mundo empresarial. Ata o día 8 de maio, co programa deseñado debateranse temas de actualidade como o risco bancario, a crise financeira e sistemas de alerta temperá, instrumentos do consello de administración das empresas para exercer o control, o bo goberno nas sociedades mercantís e dereitos humanos, responsabilidade social e a recuperación da crise, PEME responsable ou aprender a ser “autónomo” responsable O programa clausurarase cunha xornada dedicada ao emprendemento activo. O curso desenvolverase ata o día 8 de maio polas tardes no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Para acadar maior información, as persoas interesadas poden consultar a web do CERGI www.usc.es/crgi.