Skip to main content

O profesor José Antonio Souto Cabo busca no seu libro Os Cavaleiros que fizeram as cantigas as orixes da lírica galego-portuguesa

O profesor de Filoloxía Galega José Antonio Souto Cabo presentará este mércores 24 o seu libroOs Cavaleiros que fizeram as cantigas. Aproximação sociocultural às origens da lírica galego-portuguesa, publicado pola Editora da Universidade Federal Fluminense (Brasil). A partir das 18.30 horas na Facultade de Filoloxía, na presentación intervirán ademais a profesora Mercedes Brea e os profesores Henrique Monteagudo e Ermelindo Portela. O autor reconstrúe o perfil biográfico de todos aqueles trobadores cuxa actividade poética se puido situar antes de 1230. Segundo Souto Cabo, a análise histórica e sociolóxica levada a cabo permite concluír que a lírica galego-portuguesa, con independencia das súas raíces tradicionais e populares, foi unha creación específica da Galiza durante os reinados de Fernando II e de Afonso IX. O obxectivo do traballo foi estudas as posibles vías polas que tería penetrado no noroeste da Península o lirismo trobadoresco de Provenza.

The contents of this page were updated on 04.23.2013.