Skip to main content

Os lumes forestais, as causas e a acción humana, a debate no ciclo ‘Encontros de Lúa Chea’ na EPS de Enxeñaría de Lugo

Cartaz da próxima sesión do ciclo 'Encontros de Lúa Chea'
Cartaz da próxima sesión do ciclo 'Encontros de Lúa Chea'
O profesor de Economía Aplicada da USC Edelmiro López Iglesias abordará o mércores 25 esta problemática, ás 19.00 horas, na cafetería do centro universitario lugués
Lugo

Os Encontros de Lúa Chea, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego, celebra este mércores 25 de setembro, a partir das 19.00 horas, a primeira sesión do novo curso académico, un debate informal que se desenvolverá na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, baixo o título ‘Os incendios por que arde o monte e que facemos?’.

A elección da temática desta primeira sesión de debate informal programada no marco dos Encontros de Lúa Chea responde un pouco á conxuntura actual e que, como cada outono, deparan os casos de lumes forestais en Galicia. Daquela, logo dos últimos casos rexistrados, o colectivo Proxéctate en Galego entende que este momento é acaído para abordar esta problemática, sobre a que tratará o profesor do Departamento de Economía Aplicada da USC e investigador do grupo Economía Agraria e Social (Ecoagrasoc) Edelmiro López Iglesias.

A participación nesta sesión de análise e debate é libre e de balde para todas as persoas interesadas, que tamén terán a oportunidade de compartir uns petiscos na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

The contents of this page were updated on 12.20.2019.