Matemáticas para garantir a supervivencia da Terra
A Facultade de Matemáticas da USC continúa coas actividades de divulgación social enmarcadas na exposición RSME-IMAGINARY-Santiago que se pode visitar na Igrexa da Universidade. Nesta ocasión, será o catedrático de Matemática Aplicada da Complutense de Madrid, Miguel Ángel Herrero García, quen pronuncie este xoves 25 a conferencia ‘Matemáticas para o planeta Terra’. A actividade, aberta ao público en xeral, terá lugar na propia sede da exposición, na Igrexa universitaria. Herrero falará dos problemas aos que se enfronta a humanidade neste século e a capacidade do planeta para dar solucións. Preguntarase cómo garantir alimentos, auga, aire limpo, sanidade, educación e enerxía á poboación mundial sen comprometer de forma irreparable as posibilidades de vida na Terra.