Skip to main content

Un simposio sobre a súa transcendencia académica e social, pecha o ciclo de actividades conmemorativas do nacemento de Antonio Casares

O decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, introduciu a conferencia inaugural pronunciada por Juan Casares, en presenza de Manuel Bermejo. Foto: Alfonso-Servimav
O decano da Facultade de Medicina, Juan Gestal, introduciu a conferencia inaugural pronunciada por Juan Casares, en presenza de Manuel Bermejo. Foto: Alfonso-Servimav

O simposio ‘Transcendencia académica e social de Antonio Casares’ pon fin este luns 29 ao programa de actividades científicas coas que a USC conmemorou estes últimos meses o 200 aniversario do nacemento do pai da Química en Galicia. O reitor Juan Casares pronunciou a conferencia inaugural no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, titulada ‘De reitor a reitor: Antonio Casares visto por Juan Casares’, nun sesión que moderou o decano de Medicina, Juan Gestal. Seguiulle a historiadora da USC María Luisa Losada cun relatorio sobre a vida académica e social de Antonio Casares. ‘Casares e a experimentalidade’ foi a mesa redonda que continuou a xornada. Moderada pola decana da Facultade de Farmacia, Isabel Sández, interviñeron o profesor Manuel Bermejo para analizar a introdución da experimentalidade na USC; Rafael Sixto, referíndose ás contribucións do homenaxeado á química; e Andrés Díaz Pazos, ás achegas á Física. Completando a sesión matinal, Domingo González Lopo interveu coa conferencia ‘Da universidade clerical á unidade laica’. Pola tarde, reanudou o programa a mesa redonda ‘Antonio Casares na literatura’, moderada pola decana da Facultade de Matemáticas, María Victoria Otero Espinar, . Nela interviñeron José M. González Herrán, Xoán Casas Rigall, Manuel Bermejo e Montserrat Ribao, o que deu paso a unha segunda mesa sobre ‘Antonio Casares e a Instrución’ para repasar aspectos docentes do homenaxeado, a peregrinación moderna ou a instrución pública da muller na época de Casares. Interviñeron Ramón Cid, Francisco Durán e Francisco Singul, moderados por Manuel Bermejo. Na conferencia de clausura, que presentou a decana da Facultade de Bioloxía, María Luz González Caamaño, o profesor Francisco Díaz Fierros disertou sobre ‘Antonio Casares e o estudio das augas minerais galegas’.

The contents of this page were updated on 04.29.2013.