Skip to main content

A Biblioteca Concepción Arenal convoca o I Concurso de Microrrelatos en galego

A Biblioteca Concepción Arenal convoca o I Concurso de Microrrelatos en galego
A Biblioteca Concepción Arenal convoca o I Concurso de Microrrelatos en galego

A Biblioteca Concepción Arenal da USC celebra este ano o seu décimo aniversario, para o que ten previstas numerosas actividades. Entre elas, conmemorará o Día das Letras Galegas co I Concurso de Microrrelatos en lingua galega, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística. A persoa gañadora recibirá un lote de libros de narrativa de Edicións Xerais. Poden participar todos os membros e colectivos da Universidade de Santiago, que deberán elaborar un texto dunha extensión máxima de 200 palabras e envialo a derprest [at] usc.es (derprest[at]usc[dot]es) indicando no asunto ‘I Concurso de Microrelatos’. A data límite de presentación de relatos será o 5 de maio e o ditame coñecerase o 16. Os orixinais presentaranse como arquivo adxunto co título do relato e o pseudónimo do autor ou autora. No correo de remisión farase constar o nome do autor ou autora, o colectivo (alumnado, PAS, PDI) e teléfono e enderezo electrónico de contacto.

The contents of this page were updated on 04.25.2013.