Skip to main content

Últimos días para inscribirse no curso ‘A certificación. Un valor engadido’

Especialistas de distintos sectores exporán as súas experiencias en materia de certificación nun curso que terá lugar do 8 ao 12 de abril no Colexio Maior Fonseca da USC. Trátase de mostrar a importancia da certificación como ben engadido a un servizo ou a un produto de consumo. Recoñecido cun crédito de libre configuración e organizado pola Asociación ACIDE da USC, o curso impartirase en cinco xornadas presenciais nas que se mostrarán dúas caras da certificación, por unha banda a de organismos certificadores e pola outra entidades que teñen os seus produtos ou servizos certificados. Concretamente, e unha vez introducidos os conceptos básicos, tratarase a certificación nos sectores forestal, da edificación, a alimentación, o laboral e o educativo.

The contents of this page were updated on 04.02.2013.