Skip to main content

Un curso propón tratamentos eficaces para o pánico

O control do pánico é a nova proposta dun curso que promove a spin-off da USC Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica, e que se desenvolverán os días 12 e 13 de decembro dirixido a estudantes e profesionais da Psicoloxía ou a Psiquiatría así como doutras áreas relacionadas coa saúde mental. Esta proposta formativa foi declarada como curso de interese sanitario pola Xunta de Galicia. O seu programa desenvolverase en horario de 16.00 a 21.00 horas con especial atención ao concepto, características clínicas e diagnose do pánico, así como a avaliación deste trastorno, a súa intervención en base á evidencia, tratamentos farmacolóxicos posibles e aplicacións clínicas. As persoas interesadas poden acadar máis información na páxina web de Xuntos, así como a través do correo electrónico xuntos [at] xuntospsicologia.com (xuntos[at]xuntospsicologia[dot]com).

The contents of this page were updated on 11.25.2013.