Skip to main content

A USC, pola eliminación da violencia contra as mulleres

A USC, pola eliminación da violencia contra as mulleres
A USC, pola eliminación da violencia contra as mulleres

A Universidade de Santiago de Compostela súmase este luns 25 á conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres cun acto que presidirá o reitor Juan Casares. Será ás 12.30 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia cando se presente o libro 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero e a directora do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX), Rita Radl Philipp, dea lectura a unha declaración institucional de rexeitamento á violencia de xénero. Participarán tamén no acto o decano da Facultade de Xeografía e Historia, Juan Monterroso; o director do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Juan L. Blanco Valdés; a secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella; a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva Hermo; e a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero, Eva Aguayo Lorenzo.

The contents of this page were updated on 11.22.2013.