Skip to main content

A spin-off Cilenis recibe a ‘Honorable Mention’ na cuarta edición do Building Global Innovators

A presentación do proxecto Avalingua desenvolveuse recentemente nunha sesión pública en Lisboa xunto aos outros seleccionados
A presentación do proxecto Avalingua desenvolveuse recentemente nunha sesión pública en Lisboa xunto aos outros seleccionados
É unha competición internacional promovida polo MIT quen a anterior edición sumou un millón de euros en premios e catorce millóns en investimento privado para os diferentes proxectos semifinalistas...

A spin-off da USC Cilenis Language Technology acaba de presentar o seu proxecto Avalingua na final do Building Global Innovators 2013, unha iniciativa do Massachusetts Institute of Technology organizada polo MIT Portugal en Lisboa. Alén de estar entre as 20 mellores empresas do concurso cun proxecto de alto potencial tecnolóxico e innovación, Cilenis recibiu a Honorable Mention na área de Tecnoloxías da información. Isto permite un acceso privilexiado a apoios e oportunidades de investimento, e que a empresa entre a formar parte do selecto programa de mentores internacionais do MIT (Catalyst Program) e traballar para o próximo bootcamp que terá lugar en Boston na vindeira primavera. O proxecto Avalingua é un corrector intelixente de textos en galego, español, portugués e inglés que permite mellorar a aprendizaxe, o ensino e a xestión de linguas. Pode ser utilizado tanto para un uso individual como, especialmente, para a avaliación de grupos ou colectivos. Pensado como instrumento para a aula e como método de avaliación nas escolas, institutos e outras institucións de ensino, permite observar e monitorizar, de maneira moi precisa, a calidade lingüística. Building Global Innovators A final desta competición internacional, que busca o carácter innovador dos proxectos, o seu impacto potencial no mercado global e o espírito empresarial de base tecnolóxica, contou con 20 start-ups de todo o mundo, que foran previamente seleccionadas por un xurado composto por expertos do MIT de Boston, MIT Portugal, Caixa Capital e por personalidades do mundo do emprendimento. Posteriormente a esa selección, as star-ups foron mentorizadas durante seis meses para crear os seus planos de negocio e as súas estratexias de comercialización con vistas a esta final. A pasada edición do Building Global Innovator sumou o millón de euros en premios e 14 millóns en investimento privado para os diferentes proxectos semifinalistas. O grupo A empresa Cilenis, con un equipo promotor de formación pluridisciplinar en informática e lingüística, naceu da liña de investigación ProlNat@GE (Procesamento da Linguaxe Natural) coordinada por Pablo Gamallo (CITIUS). Incubada no Edificio Emprendia, traballa en solucións e produtos relacionados coa enxeñaría lingüística e o procesamento da linguaxe natural.

The contents of this page were updated on 11.26.2013.