Skip to main content

Curso de iniciación á meditación e o movemento

As persoas interesadas en coñecer e introducirse no mundo da meditación terán a oportunidade de facelo o 20 de abril nun curso de iniciación que organiza a Fundación USC Deportiva. Trátase de desenvolver o hábito da meditación por medio dun sistema natural e sinxelo que non require ningún tipo de esforzo, ademais de tomar conciencia dos propios procesos de pensamento, do control da respiración e a postura corporal. Ademais, achegaranse ás persoas participantes diferentes técnicas de meditación a través de disciplinas como o Tai Chi, o Chi Kung e o Ioga e coñecerase máis do taoísmo como fonte da práctica, do mesmo xeito que o budismo e o zen xaponés. O curso, impartido por Amacio Rial, desenvolverase no Colexio Maior Rodríguez Cadarso en horario de mañá e tarde (6 horas de duración), cunha camiñada meditativa entrementres se o tempo o permite.

The contents of this page were updated on 04.02.2013.