Skip to main content

Preséntase o XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, que citará en Lugo seis compañías os días 17 e 18 de abril

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este martes, a partir das 11.30 horas, na vicerreitoría de Lugo, o XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela no transcurso dun acto no que tamén estarán presentes a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua de Lugo, Carmen Basadre; o deputado da área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e o director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera.

Esta nova edición deste certame artísico fará da cidade de Lugo a capital galega da danza contemporánea os días 17 e 18 de abril, datas nas que media ducia de compañías presentarán cadansúa coreografía no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) ou na explanada da Rúa San Marcos. O XI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, que ten carácter internacional pola participación da compañía portuguesa TeatrUBI, da Universidade de Beira Interior, servirá asemade de trampolín de presentación para dúas novas formacións luguesas xurdidas do Espazo de Danza da USC.

The contents of this page were updated on 04.01.2013.