Skip to main content

Protestan este sábado en Santiago pola redución da presenza da Filosofía no Ensino Secundario

Convocados pola Rede Española de Filosofía, en Galicia participan a Facultade de Filosofía da USC, SOGAFI, a Aula Castelao e o Grupo Doxa

Co lema ‘Quen ten medo da filosofía?’ a Facultade de Filosofía da USC, a Sociedade Galega de Filosofía, a Aula Castelao e o Grupo Doxa súmanse á iniciativa promovida pola Rede Española de Filosofía en protesta polo anteproxecto da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, “que reduce significativamente a presenza desta disciplina no Ensino Secundario”. Así, en Galicia o acto será este sábado 6 na Praza compostelá do Toural. De 11.00 a 13.00 horas darán lectura dun comunicado –no que afirman que a LOMCE contradí as recomendacións da UNESCO, que considera que a Filosofía debe formar parte do currículo básico– e de diversos textos filosóficos sobre os que se poderá debater nun acto público e aberto a calquera persoa interesada.

The contents of this page were updated on 04.04.2013.