Skip to main content

Continúa aberta a inscrición para as probas de obtención dos Certificados de Lingua Catalá do Institut Ramón Llull

Os exames realizaranse en maio e xuño na Universidade de Santiago

As persoas interesadas en obter o Certificado de Lingua Catalá que expide o Instituto Ramon Llull dispoñen ata o 14 de abril para realizar a súa inscrición nas probas que se realizarán en maio e xuño na Universidade de Santiago. O recoñecemento é válido tanto para a comunidade universitaria como para o público en xeral. A Universidade de Santiago é centro autorizado para a realización destas probas, que coordina a Área de Catalán do Departamento de Filoloxía Galega da Facultade de Filoloxía en colaboración co Centro de Linguas Modernas. O exame para o nivel intermedio (suficiencia) de catalán terá lugar o 11 de maio, mentres que o 18 dese mes será a proba do nivel básico. Para o exame superior a data é o 1 de xuño. As persoas de contacto responsables das probas en Galicia son as profesoras mamerce.lopez [at] usc.es (Maria Mercè López Casas) e dolors.perarnau [at] usc.es (Dolors Perarnau), a quen se lles pode solicitar máis información.

The contents of this page were updated on 04.04.2013.