Skip to main content

Alta participación nas xornadas de divulgación científica no CIQUS

Alta participación nas xornadas de divulgación científica no CIQUS
Alta participación nas xornadas de divulgación científica no CIQUS

O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) da Universidade de Santiago de Compostela celebrou con grande éxito, baixo o título 'A Investigación en Química: ciencia creativa para un mundo mellor', unhas xornadas de divulgación científica nas que participaron alumnos de 2º de bacharelato de 14 centros de ensino de Galicia. Con elas pretendíase visualizar a importancia da Química e a súa implicación no desenvolvemento e benestar da sociedade á vez que achegar ao alumnado á realidade dun centro de investigación. As actividades remataron o venres, xa pola noite, cunha xornada de portas abertas para persoas adultas e nenos na que se achegaron ao centro máis de 300 persoas, que puideron coñecer algunhas das instalacións e liñas de investigación do CIQUS e que, segundo puxo de manifesto a directora, a profesora Dolores Pérez, "puideron achegarse á ciencia e á química, en particular, de maneira divertida e participativa". O vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González García, que participou xunto coa directora do centro e varios docentes e investigadores no desenvolvemento desta actividade, valorou moi positivamente a participación da cidadanía e dos estudantes e recordou que "a Química é capaz de crear novas moléculas e materiais ou de inventar novas reaccións para transformar a materia".

The contents of this page were updated on 04.08.2013.