Skip to main content

Presentan en Filosofía un libro que avoga pola consideración moral dos animais

O libro Animales no humanos entre animales humanos compila unha serie de traballos que examinan a situación dos animais e os argumentos arredor da súa defensa. En total recóllese a achega de catorce autores e autoras, fundamentalmente do eido da Filosofía aínda que tamén do Dereito e a Filoloxía. A obra presentarase este martes 12 nun acto no Salón de Actos da Facultade de Filosofía a partir das 19.30 horas. Intervirán a editora do libro Jimena Rodríguez, a representante de Igualdade Animal Jerusa Villergas e o profesor da USC e autor dun dos capítulos, Óscar Horta. Este volume pretende deixar constancia do cambio de mentalidade que se está a producir arredor da consideración dos animais. Este cambio pode contemplarase a nivel social e tamén no contexto académico, explica Óscar Horta, “no que cada vez se defende de xeito máis decididos a súa consideración moral e se cuestiona a súa discriminación”.

The contents of this page were updated on 11.11.2013.