Skip to main content

O director do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa intervén este venres nun seminario do ILG

O profesor Gilvan Müller de Oliveira, director executivo do Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP), participará este venres 8 cunha conferencia ás 12.30 horas no seminario ‘O Instituto Internacional da Língua Portuguesa e o Portugués como lingua de comunicación internacional’ que se desenvolve no ILG. Amais de dirixir o IILP, Oliveira é un dos coordinadores da elaboración do Vocabulário Ortográfico Comum da Língua Portuguesa. O IILP O Instituto Internacional da Língua Portuguesa, creado en 1999, ten como obxectivos fundamentais “a promoción, defensa, enriquecemento e difusión da lingua portuguesa como vehículo de cultura, educación, información e acceso ao coñecemento científico, tecnolóxico e de utilización oficial en encontros internacionais”. Gilvan Muller O director do IILP, brasileiro , é profesor adxunto da Universidade Federal de Santa Catarina e un dos fundadores do Instituto de Investigação e Desenvolvimento em Política Linguística (IPOL), institución á fronte da cal desenvolveu proxectos para o recoñecemento dos dereitos lingüísticos no Brasil, como a creación da sistemática xurídica que levou á cooficialización de linguas minoritarias en varios municipios brasileiros. Desde o ano 2000 é delegado brasileiro do Grupo de Traballo de Políticas Lingüísticas do Sector Educacional do Mercosur (GTPL-SEM) e formulou a proposta de creación no seu seno dun instituto para a promoción das linguas.

The contents of this page were updated on 11.07.2013.