Skip to main content

O quinteto Giulia Valle Group ofrece o luns un dos concertos do XXIII Festival de Jazz de Lugo no auditorio da Casa do Saber

O trío de jazz galego ‘Sumrrá’ actuará o martes 12, a partir das 20.00 horas, no mesmo escenario

O quinteto Giulia Valle Group, liderado pola compositora e contrabaixista Guiliia Valle, actuará o vindeiro luns no XXIII Festival de Jazz de Lugo, que se desenvolve desde este venres ata o 16 de novembro. Esta formación catalana ofrecerá un concerto, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo.

O concerto de Giulia Valle, que estará acompañada no escenario de pianista Marco Mezquida, así como de Dani Domínguez (batería), Miguel ‘Pintxo’ Villar (saxo e frauta), e de Marí Serra (saxo), está organizado en colaboración coa Asociación de Intérpretes e Executantes AienrutaJAAZ e coa asociación EscobiJAAZ de Lugo. O XXIII Festival de Jazz de Lugo de 2013 ofrecerá o vindeiro martes, 12 de novembro, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, un concertó do trío Sumrrá. Esta formación, considerada como o trío de jazz galego máis internacional, está formado por Manuel Gutiérrez (piano), Xacobe Martínez Antelo (contrabaixo) e Lar Legido (batería). Giulia Valle é considerada como unha das figuras máis emblemáticas do jazz actual europeo, mentres que o seu grupo ‘Giulia Valle Group’ pasa por ser unha das bandas do país con máis proxección internacional. A súa música amosa un amplio abano de emocións e matices sonoros, un jaaz imaxinativo, imprevisible e impactante, que se alimenta dunha poderosa sección rítima e dous solistas de primeira liña. O trío galego ‘Sumrrá’ , formado no ano 2000, deixa atrás xa centos de concertos, catro discos e varias xiras internacionais nestes 13 anos, período no que esta formación ten deixada a súa pegada en festivais de Bolivia, Bulgaria e Sudráfica. A crítica especializada salienta a orixinalidade das súas composicións, o virtuosismo dos seus integrantes e a contaxiosa frescura dos seus directos. Os concertos de ‘Giulia Valle Group’ e ‘Sumrrá’ son abertos a todo o público interesado e a entrada será de balde ata completar o aforo, que ten capacidade para acubillar arredor de 100 persoas.

The contents of this page were updated on 11.08.2013.