Skip to main content

Aprender a entender a linguaxe corporal dos nosos fillos e fillas

Bota a andar o servizo ‘Choiva de ideas’ da Unidade de Atención Temperá

Este mércores 13 ás 20:00 horas terá lugar a primeira sesión do novo servizo da Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago 'Choiva de ideas. Achega solucións avanzando cara adiante', unha xornada centrada en axudar a pais e nais a interpretar a linguaxe corporal dos seus fillos e fillas de ata 18 anos. A actividade - gratuíta, de prazas limitadas - mantén as mjosecarmen.buceta [at] usc.es (inscricións abertas). As persoas participantes recibirán a orientación axeitada para resolver cada situación da man do equipo de profesionais da Unidade -dirixida pola profesora María José Buceta- composto por psicólogos clínicos e evolutivos, logopedas, psicopedadagogos, especialistas en terapia familiar, terapeutas de xogo e neste servizo tamén xuristas. A actividade continuará o venres 13 de decembro nunha sesión na que se analizará o mundo da adopción e se debaterá sobre o papel que cumpren os medios de comunicación nesta temática. A terceira sesión deste primeiro bloque de debates terá lugar o xoves 23 de xaneiro, xornada na que se debaterá cos pais e nais todo o tratado ata o momento para coñecer as súas ideas e propostas. 'Choiva de ideas' profundará ata o mes de marzo nas técnicas axeitadas que pais e nais deberían levar a cabo e que serven tanto para resolver situacións conflitivas xa existentes no ámbito familiar coma para prever outras no futuro.

The contents of this page were updated on 11.12.2013.