Skip to main content

O Ibader reúne 25 participantes no curso ‘O patrimonio natural e a biodiversidade nas reservas da biosfera’

Participantes no curso sobre patrimonio natural e biodiversidade nas reservas da biosfera
Participantes no curso sobre patrimonio natural e biodiversidade nas reservas da biosfera
A vicerreitora da USC Montserrat Valcárcel inaugura en Lugo o foro monográfico nun acto no que interveñen o profesor Pablo Ramil e a deputada Ana González Abelleira
Lugo

O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC pon en valor o patrimonio natural e a biodiversidade nas reservas da biosfera a través dun curso de verán da USC que reúne desde este luns e ata o próximo xoves 5 de setembro na sede do Ibader un total de 25 participantes.

A vicerreitora de Coordinación do campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presidiu a sesión inaugural deste programa da Universidade de Verán da USC no marco dun acto no que o director do Ibader, Pablo Ramil Rego, e a deputada provincial da área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, tamén deron a benvida ao alumnado inscrito neste curso.

Unha charla sobre as reservas de biosfera atlánticas, a cargo do e posterior coloquio sobre as reservas de biosfera a cargo do profesor Pablo Ramil, seguido dun coloquio, abriu a primeira quenda de intervencións deste programa, que continuará en quenda de mañá co relatorio ‘Medio rural e despoboamento nas reservas da biosfera’, a cargo do catedrático de Xeografía Humana da Universidade de Cantabria Pedro Reques Velasco.

Unha sesión sobre o marco xurídico das reservas da biosfera, a cargo René Javier Santamaría Arinas, da Universidade de La Rioja, seguida doutra charla sobre a importancia das marcas de calidade nas reservas da biosfera como promoción dun medio rural sustentable, pecharán a xornada inaugural do curso.

O programa do curso ‘O patrimonio nutural e a biodiversidade nas reservas de biosfera’, continuará o martes 3 de setembro cunha visita guiada á Reserva da Biosfera Terras do Miño. O propio director do Ibader e o investigador contratado Luis Gómez-Orellana Rodríguez tamén guiarán o mércores e o xoves as visitas guiadas previstas á Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e a diversos enclaves incluídos na proposta de Reserva de Biosfera Ribeira Sacra e Serra do Oribio.

De esquerda a dereita, Abelleira, Valcárcel e Ramil, na sede do Ibader

The contents of this page were updated on 12.26.2019.