Skip to main content

O reitor visitará en Física as novas instalacións do detector de raios cósmicos

Atópanse no laboratorio de investigación labCAF de Física e permitirán o estudo da alta atmosfera, a relación dos raios cósmicos co clima, os campos magnéticos terrestre e interplanetario ou a...

O laboratorio labCAF da Facultade de Física acolle dende o pasado mes de agosto un detector para a medida permanente de raios cósmicos. O obxectivo desta nova instalación, que ofrece unhas prestacións únicas no mundo, é que o detector tome datos de xeito permanente. Os datos rexistrados permitirán avanzar de xeito significativo no estudo da alta atmosfera, a relación dos raios cósmicos co clima, os campos magnéticos terrestre e interplanetario e a actividade solar, entre outros. O reitor Juan Casares visitará as instalacións este xoves 14 a partir das 11.15 horas, acompañado do responsable do laboratorio, o profesor Juan A. Garzón. O detector foi desenvolvido, construído e montado no laboratorio compostelá grazas á colaboración do laboratorio GSI de Darmstadt e do LIP de Coimbra que proporcionaron gran parte da instrumentación. Pola súa banda, o laboratorio de investigación labCAF dedícase ao desenvolvemento de detectores de radiación de alta enerxía, ademais de instrumentación e técnicas de análise asociadas.

The contents of this page were updated on 11.13.2013.