Skip to main content

Con cifras xerais de descenso en doazóns de sangue, o Campus de Lugo sitúase o primeiro dos sete galegos

Con cifras xerais de descenso en doazóns de sangue, o Campus de Lugo sitúase o primeiro dos sete galegos
Con cifras xerais de descenso en doazóns de sangue, o Campus de Lugo sitúase o primeiro dos sete galegos
Chamamento á comunidade universitaria para incrementar as doazóns

A pesares de que a de Santiago continúa a ser a que se sitúa á cabeza en doazóns de sangue entre as Universidades galegas, o número vai baixando dende hai dous anos de maneira que se fai difícil chegar ás 121.000 doazóns que fan falta este ano para cubrir todas as necesidades dos hospitais galegos. Durante o pasado curso houbo 5.566 doazóns nas tres Universidades, o que representa un descenso do 14.4 % respecto ao ano académico anterior. Ante esta situación, o Centro de Transfusión de Galicia e a Universidade de Santiago fan un chamamento a todos os membros da comunidade universitaria para incrementar esta participación e lembra que co acto de doar se expide un documento xustificativo de non asistencia a clase, válido nas Universidades. A USC á cabeza A USC foi a que máis doazóns acadou no pasado curso académico, 2.534, cifra que supón unha taxa de 99 doazóns por cada 1.000 alumnos. No campus de Santiago as 1.994 acadadas supuxeron un descenso do 13,3% na participación, mentres que no de Lugo (540), a pesares de que houbo un descenso do 3,6% na participación, as 127 doazóns por cada 1.000 alumnos o sitúan como o primeiro campus galego en taxa de doazón. Por centros, no campus de Santiago o pasado curso os máis xenerosos foron os de Medicina e Odontoloxía, Relacións Laborais e Ciencias Económicas e Empresariais e en Lugo a Escola Politécnica Superior e a Facultade de Veterinaria.

The contents of this page were updated on 11.13.2013.