Skip to main content

A Unidade de Atención Temperá conmemora o Día do Neno con avaliacións gratuítas ata este sábado

Con motivo do Día Universal do Neno, que se conmemora este mércores 20 de novembro, a Unidade de Atención Temperá ofrece ata o vindeiro sábado 23 un servizo gratuíto de screenning ou avaliacións. Con estas técnicas, os profesionais da Unidade poderán detectar e identificar posibles trastornos no desenvolvemento ou problemas de conduta (agresividade, rabechas, nerviosismo, irritabilidade...). Os pais e nais tamén recibirán un asesoramento específico, xa que se lles ofrecerá axuda para poñer límites coa intención de evitar que problemas de conduta infantil evolucionen en trastornos máis graves e se lles asesorará sobre como actuar ante trastornos no desenvolvemento. O servizo de screenning realizarase nas instalacións da Unidade de Atención Temperá sempre con cita previa. As inscricións realizaranse no enderezo electrónico mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 11.20.2013.