Skip to main content

María José Alonso analiza as dificultades da industria farmacéutica na creación de novos fármacos

A catedrática da USC María José Alonso participa este martes 29 nun debate sobre as dificultades da industria farmacéutica na creación de novos fármacos e o papel dos diferentes axentes involucrados. Na conferencia conxunta ‘Un mapa da innovación farmacéutica’ Alonso intervén xunto co fundador de Gowtrainer, Javier García. Será ás 18.30 horas no Edificio Feuga nun acto no que se presentarán as conclusións da última publicación da Fundación Innovación Bankinter.

The contents of this page were updated on 10.28.2013.