Skip to main content

O Servizo de Publicacións da USC publica en acceso aberto a tese de doutoramento número 1000

O Servizo de Publicacións da USC publica en acceso aberto a tese de doutoramento número 1000
O Servizo de Publicacións da USC publica en acceso aberto a tese de doutoramento número 1000

Cunha tese de doutoramento de Ciencias da Educación chegan a 1.000 as editadas polo Servizo de Publicacións e alonxadas en acceso aberto no repositorio institucional Minerva. Coa de hoxe atópanse xa neste portal 121 da área de Arte e Humanidades, 278 de Ciencias, 305 de Ciencias da Saúde, 213 de Ciencias Sociais e Xurídicas e 83 de Enxeñaría e Arquitectura. O procedemento de aloxamento dixital das teses defendidas na universidade implementouse en 2007, sendo opcional para os doutores e doutoras ata o ano 2011 no que o decreto ministerial que regula as ensinanzas oficiais de doutoramento o fixo obrigatorio para as universidades públicas. Respondendo á propia política da USC, que en 2006 asinou a Declaración de Berlín sobre acceso aberto, a firme aposta polas TICs do Servizo de Publicacións materialízase ademais no aloxamento de 90 libros dixitais e 5.516 artigos de revistas no repositorio e, igualmente, nas revistas editadas en acceso aberto (sen embargo comercial) no portal dixital da USC Rev{USC} inaugurado en 2012. Todo o material dixital editado polo Servizo de Publicacións en acceso aberto ten o copyright da USC e conta, polo tanto, coa mesma protección legal ca o material impreso. Ademais, as edicións incorporan licenzas de Creative Commons e inclúen marcas de auga identificativas da titularidade dos dereitos.

The contents of this page were updated on 10.25.2013.