A ciencia, de loito
Diante do comezo do proceso de aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado para 2014, o colectivo Carta pola Ciencia convocou este xoves a unha concentración silenciosa de 5 minutos nas portas de todos os centros de traballo, vestindo de negro e/ou portando braceiras negras como sinal de loito. A esta convocatoria sumouse de maneira especial a Facultade de Filosofía da USC, que reunida en sesión extraordinaria aprobou apoiar o comunicado do colectivo Carta pola Ciencia no que, tal e como leron esta mañá, se denuncia que “as fortes restricións do actual proxecto de Presupostos Xerais á investigación científica e ás institucións que a sustentan van ter gravísimas consecuencias sobre do desenvolvemento intelectual e económico de Galicia e España”. O profesor Falguera deu lectura ao comunicado de Carta pola Ciencia. Foto: SERVIMAV-USC