Unha xornada informativa achega o proxecto VITAMÍNA-T ao alumnado de Dereito
O Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC (CERGI) está a colaborar no proxecto VITAMÍNA-T, un programa dirixido ao alumnado da USC e que está encamiñado a promover a cultura emprendedora entre o estudantado universitario. Deste xeito, o martes 15 ás 12.00 horas na Facultade de Dereito terá lugar unha charla informativa para dar a coñecer as distintas actividades que acollerá o proxecto, a metodoloxía Thinking Design e descubrir como pode axudar aos futuros profesionais do Dereito no seu futuro profesional. VITAMÍNA-T é un proxecto organizado polo Club Emprende MAS e conta coa colaboración de ADNIdeas e o CERGI. As diversas actividades programadas desenvolveranse ao longo do presente mes en tres xornadas os días 19, 22 e 26. As persoas interesas en inscribirse poden consultar máis información na web de Emprende MAS http://clubemprendemas.wix.com/clubemprendemas, en http://programavitamina-t.blogspot.com.es/ ou escribindo a cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).