Skip to main content

A USC presenta a programación das actividades e escolas deportivas que desenvolve no campus de Lugo

Os vicerreitores de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Ramón Durán, presentarán este mércores, a partir das 11.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación, a programación de escolas e actividades deportivas que ofrece e desenvolve a Universidade de Santiago de Compostela no campus de Lugo.

O director do Servizo de Deportes da Universidade de Santiago, Miguel Magán, e o responsable deste servizo na sede universitaria luguesa, Jesús Castro, tamén intervirán neste acto, no que ademais de presentar as distintas disciplinas e modalidades deportivas programadas para este curso no campus lugués, tamén darán cumprida información sobre horarios, prazos e modalidades de inscrición, instalacións dispoñibles, prezos... A posibilidade de solicitar á Universidade de Santiago o recoñecemento de créditos académicos polo desenvolvemento de prácticas deportivas e as condicións que os estudantes deben cumprir para acadar unha equivalencia académica á práctica deportiva desenvolvida ao abeiro da programación da USC serán outras das cuestións a tratar.

The contents of this page were updated on 10.15.2013.