Skip to main content

A Responsabilidade Social en Galicia, a debate en Dereito

Especialistas de moi diferentes grupos de interese debaterán este martes 22 na Universidade de Santiago en torno á situación e retos da Responsabilidade Social (RSE) en Galicia, nunha xornada que promove o Grupo Corresponsables coa colaboración do Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da USC (CERGI). A 39 Xornada Corresponsables, cuxa inscrición é gratuíta, terá lugar o martes 22 na Facultade de Dereito e nela as principais institucións e organizacións líderes no impulso da Responsabilidade Social en Galicia axudarán a fomentar aínda más este sistema de xestión, poñendo especial atención ás particularidades de Galicia. Na sesión en Santiago falarán sobre o impulso da RSE nas empresas de Galicia o director de Mercadotecnia de Gadisa e os responsables de comunicación de Gas Natural Fenosa, Reale Seguros, R Cable e Zeltia. Ademais, diversos grupos de interese dialogarán sobre a implantación en Galicia da RSE e membros executivos de numerosas empresas galegas achegarán propostas para fomentar a RSE nas pequenas e medianas empresas. A sesión inaugural comezará ás 9.00 horas e nela intervirán a vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva; o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez; o director xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá; e o xornalista Pablo Martín, en representación de MediaResponsable. Deseguido comezará a primeira das mesas redondas programadas que, dedicada ao impulso da RSE nas empresas de Galicia contará coa presenza de representantes de Gadisa, Gas Natural Fenosa, Reale Seguros, R Cable e Zeltia. A continuación, prestarase atención aos grupos de interese respecto da Responsabilidade Social e a súa implantación en Galicia, con representantes do Centro de Estudos Europeos, Consorcio da Zona Franca de Vigo, de Dircom, de Down Galicia e do Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector. A Xornada rematará cunha terceira mesa dedicada a reflexionar sobre cómo potenciar a RSE nas pemes.

The contents of this page were updated on 10.21.2013.