Skip to main content

Premian un coitelo co deseñado polo grupo de enxeñaría ambiental e bioprocesos da USC

Premian un coitelo co deseñado polo grupo de enxeñaría ambiental e bioprocesos da USC
Premian un coitelo co deseñado polo grupo de enxeñaría ambiental e bioprocesos da USC
O coitelo ‘Nueva Serie 900’ de ARCOS foi recoñecido como o mellor proxecto de Ecodiseño nos premios ‘Deseño para a Reciclaxe 2013’ da Generalitat

Os docentes Gumersindo Feijoo e María Teresa Moreira e a investigadora post-doutoral Sara González, do grupo Enxeñaría Ambiental e Bioprocesos do Departamento de Enxeñaría Química da USC, participaron xunto co equipo Sostenipra -Inèdit-ICTA- da Autónoma de Barcelona no ecodeseño do coitelo ‘Nueva Serie 900’ da empresa ARCOS que acaba de gañar o premio de Deseño para a Reciclaxe 2013 da Generalitat de Cataluña na categoría de proxectos. A iniciativa contou co financiamento da Empresa Nacional de Innovación (ENISA). Como resultado do proceso de ecodeseño, e conforme ás estratexias de mellora propostas en base ao ecobriefing, reconceptualizouse e desenvolveuse un novo coitelo baseado na optimización das materias primas e a potenciación do uso de materiais reciclados. Na concesión do premio o tribunal destacou o seu carácter innovador polas estratexias de desmaterialización e a transformación empresarial de ARCOS, así como o equipo multidisciplinar de profesionais e entidades involucradas no proxecto. O xurado tamén mencionou o esforzo de innovación nun produto maduro e a incorporación de información ambiental na comunicación do produto. O novo coitelo presenta unha folla de aceiro de menor espesor –pasou de 3 a 2,5 milímetros– optimizando así a cantidade de material e automatizándose o seu proceso de troquelado cunha diminución das perdas nun 10%. Ademais, o mango fabricarase mediante co-inxección cun núcleo de polipropileno reciclado e unha capa exterior de material virxe. A comunicación ambiental do novo produto, recoñecida polo xurado, focalízase na pegada de carbono do coitelo (cunha redución do 20,8% con respecto ao deseño anterior) e en promocionar a súa limpeza cun mínimo consumo de auga. De feito, o coitelo acompáñase dun pano de microfibra que conta cun serigrafado con símbolos e instrucións para motivar una limpeza ecoeficiente.

The contents of this page were updated on 10.17.2013.