Skip to main content

Lectura colectiva de Cantares Gallegos polo alumnado de primeiro curso de Educación Social

O alumnado da materia ‘Educación e sociedade en Galicia’ do grao en Educación Social conmemorará este martes 22 os 150 anos da publicación en Vigo de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Os máis de 70 estudantes desta materia de primeiro curso responsabilidade do profesor Antón Costa farán unha lectura colectiva desa obra poética da autora galega nun acto público previsto para as 16.30 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia).

The contents of this page were updated on 10.21.2013.