Alumnado de Comunicación audiovisual roda unha curtametraxe documental en Vilariño de Conso integramente con dispositivo móbiles
A comezos do curso 2012/2013, o municipio ourensán de Vilariño de Conso, de tan só 600 habitantes, enfrontábase ao despoboamento e, como consecuencia, ao reagrupamento educativo de nenos/as de entre 3 e 12 anos. Para evitalo, o pobo ofreceu vivendas con prezos de aluguer mínimos para persoas que quixeran vivir alí sempre e cando estiveran acompañadas por nenos/as en idade escolar. Un ano despois, alumnado de terceiro curso de Comunicación Audiovisual inicia estes días na localidade ourensá a gravación dun documental que retratará esta historia botando man das novas tecnoloxías, xa que a peza estará realizada integramente con dispositivos móbiles. O obxectivo desta obra audiovisual é lembrar a iniciativa da localidade de Vilariño de Conso a prol da educación dos máis pequenos e dar a coñecer os resultados da experiencia. O fío argumental estará asociado a un neno e un adulto do lugar que mostrarán como lles afectou a iniciativa. A peculiaridade e atractivo desta curtametraxe documental será a súa realización en formato Iphoneography ou smartphoneography, consistente en facer calquera obra audiovisual utilizando só estes compoñentes para a gravación. O equipo de rodaxe agarda que a curtametraxe estea remata o vindeiro mes de novembro, momento no que se realizará un estrea ao público tanto en Vilariño de Conso como en Santiago.