Skip to main content

Unha edición da profesora Mercedes Díaz de Cerio acaba de ser galardoada nos Premios Nacionais de Edición Universitaria

A profesora do Departamento de Latín e Grego da USC Mercedes Díaz de Cerio é a co responsable da edición e tradución da obra Timeo de Platón, recoñecida recentemente nos XVI Premios Nacionais de Edición Universitaria. O xurado encargado de valorar as 140 obras que concorreron aos Premios destacou da obra premiada “a riqueza da edición, así como a exhaustividade dos seus comentarios, notas e referencias á obra orixinal. O traballo desenvolvido pola docente da USC xunto a profesor Ramón Serrano, da Universidade de Sevilla, está publicado na colección Alma Mater do CCHS-CSIC, especializada en textos clásicos bilingües. Os Premios Nacionais de Edición Universitaria recoñecen as mellores obras publicadas por universidades e centros de investigación españois durante 2012 co fin de promover e prestixiar a edición universitaria e facer valer ante a comunidade científica e a sociedade a súa importancia e calidade.

O Timeo é un dialogo no que, como é usual en Platón, participa Sócrates acompañado doutros tres personaxes. Un dos interlocutores é quen da nome á obra, Timeo, un político ilustre con inquedanzas filosóficas. É un diálogo de madirez, escrito cando o propio Platón tiña tamén unha idade avanzada, como os personaxes do relato.

The contents of this page were updated on 10.22.2013.