Skip to main content

O Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial e o Centro de Supercomputación de Galicia asinarán un acordo marco de colaboración

O vicerreitor de Investigación e Innovación Francisco González, en calidade de presidente do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI), asinará o vindeiro luns 28 un convenio marco de colaboración co presidente do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga), Manuel Varela Rey. O acto protocolario celebrarase na sede do Cesga o luns ás 12.00 horas e contarán coa participación tamén da directora de Itmati e catedrática da USC Peregrina Quintela e do director xerente do Cesga, Javier García Tobío. CESGA e ITMATI pretenden dar maior impulso ás actividades de transferencia de coñecemento e tecnoloxía á industria e ás administracións que ambas entidades realizan. Este novo marco de colaboración contribuirá á posta en valor das capacidades de innovación dos grupos de investigación universitarios a través da súa contribución e resposta ás necesidades e demandas das empresas.

The contents of this page were updated on 10.25.2013.